Xunto coa artesanía dos vestidos, o baile destaca como un dos elementos principais do Entroido. Tradicionalmente para preparalos, habilitábase un baixo dunha casa, un galpón , ou un alpendre en onde unha ou dúas veces por semana ensaiaban os puntos para montar os bailes:
Danza do Antroido de Cobres, muiñeira, xota e un agarradiño, música de autor descoñecido e considerada de caracter tradicional; non así os bailes, se cree que nacidos no lugar da Cardiña xunto co Carnaval de Cobres, onde se vive de un xeito moi intenso todo o que conleva o carnaval, tanto e así que se mantén a tradición de que o carnaval ten que percorrer a Cardiña o mesmo martes de Antroido como proba de respecto e pleitesía ó lugar e as xentes descendentes dos ancestros que se cre déronlle vida a esta tradición declarada festa de interese turístico.
Na actualidade a preparación do Carnaval dos Cobres faise na Casa da Cultura de Riomaior lugar de asentamento da Asociación Cultural Cobres, entidade nacida hai 20 anos e que dende entón non só e a responsable da organización e preparación de todo o que conleva o Carnaval, si non que se ocupa de cubrir unha das parcelas culturais dentro do Concello de Vilaboa mantendo vivo o folclore tradicional con obradoiros de baile, gaita , e percusión o mesmo tempo que organiza actos artísticos e culturais abertos a tódolos asistentes que o desexen.

|