[SERVIZOS QUE OFRECEMOS]
Servizo de consulta na sala
A biblioteca pon a disposición dos seus usuarios unha ampla colección de libros, materiais audiovisuales, revistas, diarios oficiais, periódicos, etc. que poden ser consultados libremente.
Para acceder á sala e consultar os fondos non fai falta carné de lector. A sala pode utilizarse para o estudio, ainda que non está permitida a reserva de postos.
Para ver as condiciones de acceso e normas pulsa aquí.
Servizo de préstamo

O préstamo é libre e gratuito pero para poder utilizar o servizo é necesario ter carné de lector, que só poderá ser utilizado polo titular do mesmo. Para efectuar a devolución dos materiais prestados é necesario mostrar o carné de socio ou no caso de non ser o titular o que fai a devolución, debe indicar o número de carné de socio ou apelidos do titular do préstamo. Tamén contamos con anuarios, diccionarios, enciclopedias, manuais básicos e obras que, polo seu interese ou gran demanda por parte do público, a biblioteca decidiu excluir do préstamo.
Para ver as condiciones do servizo de préstamo pulsa aquí
Prensa, revistas e publicacións oficiais
O acceso a este servizo é libre e gratuito. Non se permitirá a consulta simultánea de máis dun diario ou revista. Os periódicos do día son de libre acceso e se atopan nos expositores próximos ó mostrador.
Os periódicos dos 30 días anteriores gárdanse no fondo da sala.
Publicacións oficiais
Boletín Oficial dol Estado
Diario Oficial de Galicia
Boletín Oficial da Provincia
Internet e ofimática
A biblioteca dispón de cinco ordenadores con acceso a Internet, un de eles reservado para consultas rápidas, e de unha impresora en rede. Estes equipos teñen instalados ferramentas de traballo informático tales como procesadores de texto e follas de cálculo.
Todos os ordenadores dispoñen dun programa de control de contidos.
Sala de video e televisión
A biblioteca dispón de equipos de reproducción de DVD, CD-Rom e audio para a consulta dos seus materiais audiovisuales
Reprografía
Dispoñemos de fotocopiadora para a reproducción de documentos da biblioteca. En todo caso o seu uso farase conforme á Lei de Propiedade Intelectual.
En cumplimento de esta lei e co fin de garantizar a conservación dos fondos bibliográficos, o usuario poderá obter ata un máximo de 20 fotocopias directas dunha mesma obra, sempre e cando sexan posteriores a 1958 inclusive, e nunca máis dun tercio da obra reproducida, en calquer caso, e que se atope en bo estado de conservación, a xuizo do/a bibliotecario/a responsable do fondo.
Dispoñemos do servizo de impresión, grabación e escaneo de imáxes e/ou texto en formato DIN A4.
Tarifas : Consultar na biblioteca
Salón de actos
Conferencias, reunións, ensaios, actuacións musicais, festivais, bailes, teatro...
Sala de seminarios:
Obradoiros, cursos, salas de exposicións,...
Asociacións culturais :
Punto de Encontro, sede de asociacións,...
|