Telf: 986 708 215 / 986 708 252
mail: emprego@vilaboa.org
Horario: 9:00 a 14:00 h.
Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local
¿Que son?
Son persoas que teñen a función de realizar accións relacionadas coa dinamización e xeración de novas actividades no medio rural con repercusión no emprego e na creación de alternativas de ocupación laboral. Cofinanciados pola Consellería de Traballo
Funcións:
- Información e asesoramento das distintas axudas para emprendedores que queren iniciar unha actividade.
- Tramitación de axudas ou guía para elaborar o plan de empresa.
- Prospección dos recursos ociosos ou infrautilizados, de iniciativas locais de emprego, de proxectos de acción rural e outros proxectos empresariais.
- Orientación ó emprego.
- Difusión en colaboración cos outros departamentos do concello de ofertas de emprego.
- Difusión e estímulo das potenciais oportunidades de creación de actividade entre desempregados/as, promotores/as, emprendedores e institucións colaboradores/as.
- Acompañamento técnico na iniciación de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos.
- Participación nos programas europeos de desenvolvemento rural.
- Organización e xestión de actividades formativas (cursos FIP, obradoiros de emprego...).
- Xestión de programas de cooperación e promoción de emprego.
Servizos que ofrece:
- CONSULTORÍA DE EMPRESAS: AXUDAS, SUBVENCIÓNS,...
- ASESORAMENTO DE CREACIÓN DE EMPRESAS
- ORIENTACIÓN LABORAL aior.
[ONDE ESTAMOS]
Estamos na última planta do concello, ó final das escaleiras a dereita ó fondo.
Para contactar con nós:
emprego@vilaboa.org ou 986 708 215 / 986 708 252

|