|
Hai asentamentos dende tempos moi remotos que deixaron abundantes vestixios megalíticos na zoa da Lagoa de Catiñeiras.
|

 |
Mámoa do Rei en Castiñeiras
Mámoa con cámara poligonal e corredor de acceso, con tres tramos perfectamente diferenciados.
No camiño que rodea ó lago.
04.59.10W 42.21.40N
Datación aproximada: 3.000 A.C.
Restaurado e reconstruido no 2003:
Completan o conxunto 8 mámoas pertencentes ao neolítico e situadas nos arredores do lago Castiñeiras
|
|
|
Mámoas de Chan da Cruz
(1.904 KB) Excavacións no lugar da Chan da Cruz nos anos 1972 e
1983-84

|
O Castro máis popular e coñecido da localidade é o de “Monte da Croa” (no lugar de Acuña), que conta con murallas e no que apareceron numerosos utensilios de uso caseiro.
|
Da época romana quedan vestixios da IV Vía Militar de Braga a Santiago, que se desviaba pola costa cara á península do Morrazo e atravesaba Bértola e Figueirido
|
Durante o medievo o seu teritorio estivo atravesado polo Camiño Portugués: Quedán desta época: a Igrexa Románica de Vilaboa (Moi modificada) e a cimentación do Castelo de Santo Adrián de Cobres.

 |
Igrexa de San Martíño de Vilaboa
A primitiva igrexa data de 1387 foi ampliada nos anos 1673 e 1859.
Conserva dous fermosos capiteis do século XII decorados a base de motivos vexetais, zoomorfos e antropomorfos.
Localización:
O lado da Casa do Concello, no Toural (Parroquia de Vilaboa)
|

 |
Castelo de Ubeiras
Situado nolugar do “Castillo”, é de estilo medieval, situando a data da sua construcción nos séculos XIV e XV.
Do Castelo de Ubeiras hoxe só se conservan os cimentos e parte dos muros, froito da súa destrución a mans da armada anglo-holandesa na batalla de Rande de 1702.
|
|
Na época moderna (século XVIII), esplotáronde as . Estas salinas comezaron a ser explotadas polo Colexio dos Xesuítas de Pontevedra en 1694 e acadaron grande importancia nos seguintes anos. A finais do século XIX, neste mesmo lugar, construíuse un dos poucos muíños de mareas existentes en Galiza, cun funcionamento que se baseaba no aproveitamento do movemento das correntes do fondo da ría para xerar forza hidráulica.
Hoxe só queda deste muíño unha pequena mostra que sinala a súa situación e os restos das antigas casas que pertencían ás persoas que levaban a cabo esta labor.

 |
Salinas do Ulló (Muiño de Mareas)
Vista parcial do Muiño de Mareas nas Salinas do Ulló
Localización: En Paredes (pista que une este barrio con O Toural)
|
|
O suceso histórico máis relevante ven da man da , no ano 1702.

|
Durante o Antigo Réxime o seu territorio de Vilaboa pertencía a xurisdición de Pontevedra, señorio do arzebispado de Santiago de Compostela.
En 1821 naceron os concellos de Cobres e Vilaboa, fusionados a partir de 1835. |
A destacar as movilizacions do Pobo de Vilaboa en "tempos recentes":
"E esta unha pequena mostra da historia recente do noso concello, historia tinguida pola loita pola dignidade e a honra do noso pobo, pois unha homenaxe, un recordo visto non dende o odio ou o resentimento senón dende o orgullo e a admiración."
Conflicto da Autoestrada". finais 70 - principios 80. Reivindicacións e moviliazacións veciñais para esixir melloras na infraestructura, pontes, pasos, afeccións,...
| Fonte: J. L. V. B. ( C.E.P de RIOMAIOR) |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Conflicto da "empacadora", nas parroquias de Bértola e Figueirido anos 97-99.
|
 |