Concello de Vilaboa

Entroido de Cobres - Madamas e Galáns

Vista dende o Muelle de San Adrian de Cobres

As Salinas do Ulló

As Salinas do Ulló

Ría de Vigo

Actualidade

Descargar bases.

Descargar bases.

Taboeiro de anúncios

BASES POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL CON CARÁCTER TEMPORAL (PROGRAMAS DE CONTRATACION TEMPORAL PARA A ACTIVACIÓN DO EMPREGO A TRAVÉS DE CONTRATOS PARA A MELLORA DA OCUPABILIDADE E INSERCIÓN LABORAL POLAS ENTIDADES LOCAIS DE PERSOAS DESEMPREGADAS E INSCRITAS NA OFICINA DE EMPREGO) PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE VILABOA

O Concello de Vilaboa obtivo unha axuda da Deputación de Pontevedra para contratación de 7 persoas desempregadas por importe de 109563,65 para contratos de mellora da ocupabilidade e a inserción laboral.

A solicitude de persoas candidatas farase a través da oficina de emprego de Pontevedra- Bisbarra, tal e como marcan as Bases BOPPO 03/01/2024 Plan + Provincia liña 3 – Activación do emprego 2024, no capítulo III.

Bases

Normas para o III Mercadiño de Nadal entre os días 22 de decembro de 2023 e o 7 de xaneiro de 2024, na estrada vella de Paredes.

O Concello de Vilaboa organiza o III Mercadiño de Nadal entre os días 22 de decembro de 2023 e o 7 de xaneiro de 2024, na estrada vella de Paredes, para acompañar ao alumeado de Nadal que organizan os  veciños e veciñas deste barrio.

O Mercadiño de Nadal consistirá nunha carpa que conterá casetas, nas que poder ofertar produtos de agasallo, artesanía, alimentación e outros, por veciños e veciñas ou entidades do Concello de Vilaboa que de xeito voluntario se presten a participar no mesmo e teñan dedicación de xeito profesional ou afeccionado a fabricación e/ou venda de tales produtos.

Para a realización do mercadiño o Concello pon a disposición das persoas que van a ofertar os seus produtos nesta edición 5 casetas de madeira desmontables, con teito impermeable e superficie a ocupar de 5 metros cadrados, dimensións totais de 2.76 metros de frontal, 2.28 metros de fondo e 1.80 metros de altura, con dúas portas frontais que abren totalmente e equipadas con enganche de luz e toma de corrente. A sexta caseta está reservada para que a comisión organizadora do alumeado de Nadal de Paredes poida ofertar alimentos e bebidas quentes ao público que acuda a ver o mercadiño e o alumeado.

O Concello abre dende o día de hoxe o prazo e ata o 24 de novembro, para que as persoas residentes en Vilaboa que realizan algún tipo de traballo artesá poidan optar a unha destas casetas. A inscrición é a través de e-mail, no seguinte enderezo: dinamizacion@vilaboa.org

As casetas préstanse gratuitamente por parte do Concello e, si existira máis demanda de casetas ca oferta existente, se decidirá o seu outorgamento en rigoroso orde de entrada da solicitude. Tamén se ofrecerá a posibilidade de compartir espazos, como nos anos anteriores, procurando non deixar a ninguén que queira acudir ao Mercadiño fora del. Dado que son un total de 16 días os que vai durar o Mercadiño, tamén será posible que algunhas das persoas interesadas poidan facer instalacións puntuais dentro da carpa e fóra das casetas si non se poden comprometer a manter aberta unha caseta durante os 16 días continuados.

O Concello ambientará, con axuda das persoas participantes as casetas e o mercadiño, con iluminación decorativa e música ambiente e fará promoción en redes sociais para favorecer a participación e que as casetas teñan actividade ao longo de todo o tempo que dura o Mercadiño.

É obriga das persoas usuarias das casetas mantelas nas mesmas condicións en que as reciben ata o remate do Mercadiño de Nadal, como segue:

  • A caseta está baleira, sen mobiliario, que deberá ser aportado polas persoas usuarias.
  • A caseta poderá decorarse cos motivos que cada persoa usuaria considere, sempre e cando esta decoración poida quitarse de xeito sinxelo e non altere as condicións da caseta, por este motivo está prohibido empregar puntas ou pegamentos.
  • Unha vez rematado o Mercadiño a caseta terá que ser desaloxada a máis tardar o día 7 de xaneiro, verificando o Concello o estado da caseta.
  • As persoas usuarias que deixen produtos de valor na caseta durante o tempo en que permaneza pechada ou polas noites, son responsables do seu contido.
  • O horario do Mercadiño de Nadal será en días laborais de tarde, e en días festivos e sábados e domingos de mañá e de tarde, a concretar entre o Concello e as persoas adxudicatarias.
  • Durante este horario, si algunha das persoas usuarias non pode atender a caseta que ten asignada en algunha data, deberá avisar cando menos con dous días de antelación para que o Concello poida atopar unha ocupación alternativa para eses días, evitando que as casetas estean baleiras durante o tempo de Mercadiño.
Procesos selectivos das prazas obxecto de estabilización emprego Lei 20/21, BOPPO 27/12/2022

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para traballador/a social.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, para limpador/a.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para educador/a familiar.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para conserxe persoal laboral.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para conserxe funcionario.

>> Relación definitiva de aspirantes admitidas e excluídas para a praza de traballadora social

>> Relación definitiva de aspirantes admitidas e excluídas para a praza de educadora familiar.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, para praza de limpador/a. (5 de abril 2023)

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, para praza de operario de servizos múltiples. (5 de abril 2023)

>> Relación definitiva de persoas  admitidas e excluídas, para praza de limpador/a.

>> Nomeamento tribunal prazas limpador/a.

>> Nomeamento tribunal  para praza operario servizos múltiples

>> Resolución de Alcaldía: contratación de educadora familiar como persoal laboral fixo.

>> Resolución de Alcaldía: contratación de traballadora social como persoal laboral fixo.

>> Convocatoria exame operario/a de servizos múltiples

>> Resultado baremación praza operario/a servizos múltiples

>> Anuncio relativo ás prazas de limpadora por concurso

>> Resultado baremación praza de operario/a servizos múltiples concurso-oposición

>> Valoración de reclamación praza de operario/a de servizos múltiples

>> Nomeamento para a contratación de operario/a de servizos múltiples

>> Resolución de Alcaldía:  aprobación da bolsa de traballo de limpador/a.

>> Resolución de Alcaldía declarando a os/as limpiadores/as persoal laboral fixo.

>> Resolución de alcaldia  N2023-0993, nomeamento de tribunais.

>> Resolución de alcaldia  N2023-094, nomeamento de tribunais

>> Expediente: 339/2023: Anuncio resultado de baremación

>> Expediente: 341/2023   Resultado de baremación conserxe funcionario

>> Aprobación da bolsa de conserxe como persoal funcionario

Resolución de Alcaldía: Solicitude de ampliación de horario dos locais de hostalaría para a celebración de fin de ano
Auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa.

Con data 11 de xaneiro de 2020 entrou en vigor a Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario. Dita lei establece na súa Disposición adicional segunda que, todas as administracións públicas responsables dos sistemas de abastecemento á poboación deberán levar a cabo unha auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa. Igualmente, deberán publicar a porcentaxe de perda de auga na sede electrónica da administración correspondente.

Realizada a Auditoría Municipal do Abastecemento do Concello de Vilaboa, calculouse que, a porcentaxe de perda de auga é do 34,47 %.

Bandos e avisos

Notas de prensa

O SALINAS CLUB DE LECTURA PECHA UNHA APRETADA AXENDA DE ESCRITORES ATA NADAL

Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes.

Vilaboa, 2 de maio 2024.

César Poza, alcalde de Vilaboa; Pilar Rodríguez de Dios, presidenta do “Salinas Club de Lectura”; Conchita Pérez Nuñez, directora del CRA de Vilaboa e a escritora Lola Fernández Pazos, autora de “El Pazo de Lourizán” e madriña do Club, inauguraron hai uns días a primeira sesión literaria do novo Club coa participación activa de máis dunha veintena de lectores.

O Club, que acollerá desde agora a autores e autoras galegas, en castelán e en galego, conta actualmente con 22 membros e unha axenda pechada de escritores galegos ata o vindeiro mes de decembro.

O próximo encontro terá lugar o día 21 de maio ás 20 horas na BiblioCRA de Vilaboa para analizar a obra “O mar que nos leva” da escritora Moncha Fuentes. As sesións  celebraranse unha vez ao mes tras ler o libro proposto.

 

Os estatutos do Salinas Club de Lectura recollen entre os seus obxectivos fomentar a lectura e escritura entre a poboación de Vilaboa e na sociedade galega en xeral, tanto no ámbito rural como no urbano; compartir afición pola lectura tanto de autores galegos como non galegos, en lingua galega e castelán e crear un circuito de autores e firmas que permitan presentalos e coñecelos en persoa, e á vez promocionar a súa obra.

César Poza, integrante do Club e asiduo lector, aposta firmemente pola consolidación desta iniciativa e convida á veciñanza de Vilaboa a participar nas xornadas de análise compartido sobre unha obra concreta. “A experiencia é moi positiva. A veces dar o primeiro paso costa un pouco pero resulta moi gratificante reunir aquí a un grupo de persoas unidas polo seu gusto pola lectura. O feito de que a autora do libro a analizar esté presente, con nós, crea unha atmósfera de cercanía que nos axuda moito a entender mellor cada páxina. Sen dúbida a primeira xornada superou con creces as nosas expectativas e iremos traballando para crear en Vilaboa un foro de reflexión e de ideas nun marco tan representativo da nosa localidade como son as Salinas de Vilaboa”.

 

Contacto ‘Salinas Club Lectura’

Pilar Rodríguez de Dios o Conchita Pérez Núñez CRA Plurilingüe Vilaboa

 

FIGUEIRIDO HOMENAXEA A JOSÉ PORTELA CANOSA NA SÚA II COMIDA DE CONFRATERNIDADE

César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar moitas vidas.

Vilaboa, 29 de abril 2024. A asociación de veciños San Andrés e a Comunicade de Montes de Figueirido celebrou hoxe domingo no campo da festa a II Comida de Confraternidade á que asistieron máis dun centenar de personas.

No transcurso desta xuntanza de confraternidade rendeuse homenaxe a José Portela Canosa, coñecido como “Pepe o Ferreiro”, por ser a persoa de máis idade do lugar, con 99 anos de idade.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, foi o encargado de entregarlle un agasallo en sinal do agradecemento e cariño da veciñanza, confeccionado a partir dunha fotografía do homenaxeado xunto á locomotora que el deseñou para asar as castañas e que hoxe é tan habitual en tempos de magosto.

José Portela fíxose merecedor do cariño e respeto da veciñanza tanto polo seu traballo como ferreiro como pola súa capacidade innovadora ao comezar, hai xa unhas poucas décadas coa organización das traídas de auga; a maiores, nos tempos da posguerra, cando a sanidade era un servizo moi precario, José Portela suministrou no municipio moitas doses de penicilina, salvando moitas vidas.

César Poza misturou na súa intervención o recoñecemento colectivo a “Pepe o Ferreiro” cos seus propios recordos da infancia. “Coñezo a señor Pepe de toda a vida, somos veciños do Alcouce. Recordo ir de pequeno polo  eirado ao seu taller,  na busca de restos de ferros para facer todo tipo de armamento (daquela non había móviles pero si moita imaxinación). Ata faciamos estrelas ninja na cortadora de chapa, e sempre podíamos contar con el para soldar calquera aventura que se nos ocurrira”.

Pepe comenzou a súa andaina profesional no ferreiro do Pino ata que montou o seu taller no barrio do Alcouce, empezou facendo visfras pero pronto demostrou que é unha persoa moi viva e activa, un mestre no seu traballo; destacaba pola súa habilidade para reparar arados e todo tipo de ferramentas. “A súa intelixencia e coñecemento do oficio permitíronlle ir investigando e empezou a fabricar sachadoras, sementadoras e tamén malladoras”, recordou o alcalde.

Outra faceta destacable é a súa labor social e veciñal; “fixo de practicante, é dicir, poñía inxeccións nun tempo onde a sanidade non era o que é hoxe, axudaba nas matanzas, nos partos das vacas…”, recordou César Poza.

Insistiu en que foi pioneiro nas traídas de augas, pois a primeira comunidade de usuarios de auga de Figueirido foi promovida por el alá polos anos 60, no Alcouce e tamén foi o primeiro en facer as contratas do ganado; sen dúbida moi necesarias nunha época na que ter unha vaca era un capital e con estas contratas permitíase poder telas aseguradas dalgún xeito”.

Por último César Poza compartiu con todas as persoas asistentes o orgullo de saber que as locomotoras tan utilizadas hoxe como fornos portátiles para asar as castañas foron deseñadas no Alcouce.

NOVE CASETAS ACOLLERÁN A VARIEDADE VINÍCOLA LOCAL NA FESTA DO VIÑO DE VILABOA

A degustación de caldos de adegueiros e colleiteiros complétase cunha variada oferta gastronómica á que o domingo 12 de maio se sumará a ostra de Arcade.

Vilaboa, 26 de abril 2024. – Dúas adegas da IXP Ribeiras do Morrazo e sete colleiteiros converteranse durante os días 11 e 12 de maio no escarapate da variedade e calidade dos caldos elaborados en Vilaboa no marco da XI edición da Festa do Viño. Durante estas dúas xornadas as persoas que se acheguen ata Riomaior poderán degustar as diferentes variedades colleitadas e elaboradas na contorna de Vilaboa a prezos populares.

A Festa contará tamén cun apartado técnico, coa celebración dunha cata diferenciada para adegueiros e colleiteiros na que se valorará a calidade dos viños participantes.

A promoción dos caldos locais está acompañada nesta edición con catro stands máis que facilitarán aos visitantes a opción de xantar o cear na carpa ou no seu exterior, no parque de Riomaior. Para facelo posible ofertarase churrasco e polbo durante os dous días, así como un stand doce e cafés e refrescos a cargo do bar O Toxo. Na xornada do domingo a Festa do Viño convida a un ostreiro de Arcade que amosará en directo a súa técnica para a apertura das ostras e máis ofrecerá a posibilidade de degustalas a prezos populares.

A música ten un apartado especial no programa coa actuación de Treixadura o sábado 11 de maio a partir das 22 horas e cun concerto da Banda da Escola de Música de Vilaboa o domingo ás 12.30 horas, xornada na que tamén haberá inclabes e actividades para os máis pequenos.

Nesta XI edición a Festa do Viño recupera a figura do pregoeiro, solapada o ano pasado polo recoñecemento aos alcaldes fundadores e impulsores deste evento, que recaerá no xornalista deportivo residente en A Cardiña, Oswaldo García.

Tanto César Poza, alcalde de Vilaboa, como Carmen Gallego, concelleira de Dinamización Económica, animan á veciñanza a asistir à Festa, a degustar os viños locais e máis a gozar dunha xornada diferente nun entorno natural singular “poñendo em valor a calidade dos nosos caldos e da nosa gastronomía”.

Aprobada a axuda da Consellería do Mar para fomentar o turismo nas paisaxes vinculadas ás Salinas do Ulló

95.378 euros irán destinados ao proxecto presentado polo Concello de Vilaboa a través do GALP Ría de Vigo para fomentar as Salinas do Ulló como recurso turístico. A Consellería do Mar acordou apoiar economicamente esta iniciativa que permitirá desenvolver este proxecto en dous anos.

A proposta contempla a aplicación das novas tecnoloxías á promoción turística, cultural e ambiental deste espazo permitindo que as persoas que queiran visitar esta zona natural conten cun código QR nos seus dispositivos móbiles para recrear toda a contorna e entender o traballo de recollida e procesado de sal que se realizaba nestas instalacións.

A concelleira Carme Gallego, encargada de Promoción Económica, afirma que a recreación é espectacular e recolle as antigas canles e a forma na que se traballaba co sal historicamente.

NOVA WEB : https://salinasdoullo.gal/

O Forno da Cal recibirá unha subvención para rehabilitarse e ser activo turístico

O Forno do Cal de Vilaboa converterase nun novo atractivo turístico e nun activo didáctico. Para logralo, porase en marcha un proxecto de rehabilitación con cargo a unha subvención concedida a través do GALP Ría de Pontevedra.

O Forno da Cal é un elemento singular do patrimonio industrial de Vilaboa situado en San Adrián de Cobres e o proxecto inclúe a rehabilitación da estrutura, o acondicionamento do entorno e a posta en valor do mesmo cun orzamento que rolda os 103.000 euros e unha actuación a executar en dúas anualidades.

A axuda ascende a 93.444,90 euros, un 90% do orzamento.

O Concello comezou xa o ano pasado a tramitación dos permisos sectoriais necesarios para a realización da actuación ante Costas, Medio Ambiente e Patrimonio o que axilizará o inicio dos traballos.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies