[ACTIVIDADES]
.................VER PORTADA
CERTAME DE FOTOGRAFÍA “NATUREZA, ETNOGRAFÍA E PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICO DO CONCELLO DE VILABOA”
Os gañadores do certamen son os seguintes:
1º PREMIO (240 euros)
AMENCER EN EQUILIBRIO………………………………CARMEN CASTRO GONZÁLEZ “A beleza é tan fráxil e nós tan imprudentes...”
2º PREMIO (120 euros)
ENTRE ÁRBORES ……………………………………………ALEJANDRO CARDOSO OSORIO
3º PREMIO (60 euros)
“VILABOA, ENTRE LUSCO E FUSCO”……………ANXO CORTEGOSO CASAL
“Vilaboa e o mar.
Foto cedida polo noso mar no peirao de San Adrián”
ACCÉSIT (30 euros)
ENTRE ROCHAS ………………………………………… ALEJANDRO CARDOSO OSORIO
VENTUS…………………………………………………….… MARCOS DIOS ALMEIDA
“Interior da primeira exclusa no muro sur das bancas de paredes, esteiro de Ulló (Paredes). Ao fondo aparece a albufeira iluminada e difuminada, en contraste coa escuridade do buraco da exclusa e o detalle e cor saturada do muro exterior en primeiro plano
CONCURSO ESCOLAR DE POSTAIS DE NADAL
Outro ano máis a OMIX organizou o Concurso de Postais de Nadal, en colaboración cos centros educativos CPI Toural e CEP Riomaior.
A postal elixida éa oficial coa que o concello felicita estas datas.

Este ano resultou gañadora a elaborada por Lara Álvarez Ruibal do colexio CPI Toural.
OBRADOIRO DE MAXIA
A OMIX organiza este obradoiro dirixido a mostrar ós participantes os trucos da maxia e a convertelos nuns verdadeiros magos este nadal.
Requisitos:
• Idade: 8 a 13 anos.
Horario:
Na Casa de Cultura de Riomaior:
• Vacacións de Nadal: martes e xoves de 16.30 a 18 h.
• Sábados pola mañá: 10.30 a 12 h.
Dotación:
• Custo: 6 euros
Para anotarte, acércate á OMIX do Concello de Vilaboa. Toural, s/n – 36141 – Vilaboa(Pontevedra) Tfno. 986 708 215. Web: www.vilaboa.org. E-mail: omix@vilaboa.org
ACTIVIDADES CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO
O sábado 25 de novembro con motivo do “ Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller”, o Concello de Vilaboa organizou un acto co que pretendeu dar por finalizada a campaña de actividades que puxera en marcha.
Ás 18 h. comezou a espectáculo de contacontos dirixido ó público infantil a cargo de Fredi co conto “Un día de treboada”, no que se trataba de modo transversal a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Unha vez finalizou o contacontos pasouse á entrega de premios dos concursos que se puxeran en marcha:
◊ Concurso escolar “Ela merece unha homenaxe” dirixido ós/ás alumnos/as de Primaria dos centros de ensino. Que gañou Lucía Fernández García coa carta na que propuña para ser homenaxeada á súa bisavoa Concepción Blanco Otero, á cal se lle fixo unha homenaxe e a entrega dun agasallo.
◊ Concurso de fotografía “Olladas de muller” co cal co cal o Concello de Vilaboa quere ofrece-la oportunidade de mostrar, a través de imaxes, o traballo ou a presenza das mulleres en calquera ámbito da vida.
Resultou gañadora a foto “Prisionera en mi espíritu interior” de Ana Fervenza Cortegoso.

|