Aldea que responde ás características xerais dos hábitats concentrados. Este tipo de agrupación de casas-vivenda –tan común nos procesos de colonización da Idade Media– responde á tipoloxía aldea pechada con vilar claro, e que responde a asentamentos de carácter familiar pechados por muros de pedra, hortas, patios, currais abertos e mesmo pastizais e terras de cultivo que conviven harmonicamente ocupando o espazo habitable.
En Acuña as vivendas dispóñense nas últimas estribacións da serra, dando lugar a un claro de labor que é froito da deforestación do monte comunal levada a cabo nesta elevación
prelitoral. O lugar elixido para este asentamento permite a semente de cultivos en bancais, o que, unido a unha climatoloxía favorable é garante de alimento suficiente, así como dunhas
condicións de vida boas.