Casa grande (hoxe casa de turismo rural) conformada por un único volume residencial e dous hórreos tradicionais situados dentro da aldea de Acuña. A vivenda, construída en dúas fases, presenta planta poligonal e cuberta a dúas augas. As súas fachadas localizan unha serie de ocos equidistantes conformados por portas (piso terreo) e xanelas (andar terreo e superior).
A casa conta con lareira, lagar e dous magníficos hórreos, de dous e tres claros respectivamente, labrados en granito ben escuadrado que foron restaurados canda a edificación principal.