Estamos diante dun humilde templo localizado ao pé do Camiño de Santiago. A ermida
carece de calquera caste de atributo ornamental que favoreza a súa singularización entre o casarío circundante. O mesmo acontece coa tipoloxía arquitectónica elixida para a súa construción, un deseño netamente civil e de carácter residencial que unicamente denuncia a súa peculiaridade en dous dos seus elementos: a porta de acceso e a inexistencia de ocos de iluminación.
O único van de acceso localízase na fachada, lugar onde reclama a nosa atención un arco de medio punto de pouco máis de un metro de luz, constituído por varias pezas de tamaño desigual onde os salmeres dobran o tamaño das doelas.
A inexistencia doutro tipo de ocos distintos deste que protagoniza a porta da ermida pon de manifesto o concepto conciso e sinxelo desta humilde construción popular, datable no ano
1617, tal como proba a inscrición que acolle no seu frontis.