O do Coto Redondo é un miradoiro situado a 550 m de altura que permite un dominio visual case íntegro do interior das rías de Vigo e Pontevedra. Trátase da principal punto de observación de Vilaboa, e sitúase a 1 km ao Sur do Lago Castiñeiras. Foi construído a mediados do século pasado baixo a ditadura do xeneral Franco, que chegou a visitalo en persoa en 1953. O miradoiro é unha estrutura de formigón e pedra que posúe unha planta cadrada e un total de seis andares, todos eles con balcóns e abertos aos catro puntos cardinais.