Construído por D. Antonio Figueroa y Lanzós no ano 1670, segundo consta na inscrición realizada no penedo que lle sirve de basamento, o Cruceiro de Acuña é, con toda seguridade, o
cruceiro de varal máis antigo de Vilaboa. Chantado sobre un xigantesco penedo natural, o cruceiro parte dun pequeno cubo que aparece labrado en cada unha das súas catro caras cunha aspa en baixorrelevo. De aquí xurde un varal de sección circular de 1,5 metros de altura que remata nun novo cubo –de idéntico tamaño ao situado no lado oposto– que presenta unha
serie de motivos cruciformes xunto a distintas escenas relativas ao martiroloxio de Cristo. Xa no cumial érguese altiva unha cruz sen figurar coas arestas parcialmente achafranadas,
reservando os extremos dos seus tres brazos superiores coa forma cúbica habitual nas
cruces de menor entidade.