Construído no século XVI, sitúase dentro do eido da Casa Reitoral de San Martiño de Vilaboa, hoxe deshabitada. Presenta 68 metros de lonxitude e 4 de anchura. A cámara, soportada por tres fieiras de pés, conta cunha única porta de acceso, situada no eixe do alzado costal. A cuberta está soportada por seis tesoira de castiñeiro.