Dous muíños tradicionais en batería como Muíños da Antigüidade, un deles, o situado nunha cota superior, recentemente restaurado. Ambos exemplares pertencen á modalidade de rego ou canle e presenta medianas dimensións. Dunha única moa e en desigual estado de conservación, son propiedade dun grupo de veciños da parroquia.