O viaxeiro que percorra Vilaboa a través da N-550 non debe dubidar en parar no pequeno porto de San Adrián de Cobres, que alberga un espazo pintoresco coa súa moderna mariña, o seu paseo e a súa pequena igrexa. Ao seu carón están o porto, coas embarcacións mexiloeiras, e a mariña, co porto deportivo, moi frecuentado debido a proximidade coa cidade de Vigo. Discreto e tranquilo, o porto de San Adrián de Cobres, esta dotado de todas as instalacións para realizar amarres seguros e fiables, iso contribuíu ao seu éxito. A mariña e o paseo activaron a vida deste coqueto paraxe, que alberga un par de restaurantes, un deles construído a xeito de palafito enriba do mar.