A praia de Deilán esta situada na Ría de Vigo entre o porto de Santa Cristina e a Punta de Pereiró. Trátase dun areal de augas tranquilas e moi pintoresco. Os seus arredores son semirurais e ten zonas onde a herba chega ata a area. Posúe un "furancho" a pé de praia e a súa area é de cor dourada e gran groso.

Servizos: Aparcamento a menos de 500m | Duchas | Paseo marítimo | Restaurante a menos de 500m | Servizo de limpeza diario | Servicios W.C. | Turismo rural a menos de 500m.