A Reitoral (hoxe casa de turismo rural) é un edificio residencial construído en 1729 no que destacan dúas balconadas soportadas por monumentais ménsulas labradas en dúas pezas de tamaño desigual. Desde o punto de vista plástico destacaremos ademais os xanelos de forma rectangular que o proxectista dispuxo sobre cada unha das portasdaire que dan acceso ás solainas.
No que respecta ao seu interior é de destacar a escaleira pétrea que permite o acceso ao piso superior, lugar no que se empraza unha pequena lareira con piso de lousas de granito.
O edificio é, en definitiva, un inmoble de carácter circunspecto que ofrece unha serie de portas e ocos de iluminación de disposición harmónica na fachada principal (a que mira ao mediodía),
elementos que, xunto co seu magnífico emprazamento, converten a este inmoble nun do exemplos máis notables de arquitectura civil da comarca.
“O ano de 1745 paseando eu polos Cobres, vin a fermosa casa, que o cura xa fabricara e habitaba, en sitio alto, e moi distante do mar”, escribe o sabio Padre Sarmiento na súa primeira viaxe a Galicia en relación a este edificio. que conta cunha lonxitude maior– que serve para resgardar carros, carruaxes e apeiros de labranza.