Sendeiro de máis de 2 km pola beira do Río Maior ou Río do Portiño existen un total de 34 muíños de canle, os máis deles dunha única moa, mais existen tamén algúns exemplares de ata tres moas.
Todos deles foron total ou parcialmente restaurados polo Concello de Vilaboa e a Xunta de Galicia nos últimos anos.
Ao pé dunha parte dos muíños, ou nas súas proximidades existen unha serie de pasais labrados en pedra que gozan de idéntica protección que os edificios de moenda.