Descarga de Impresos Galego Galego Castellano Castellano  
 
O tempo

Axenda
icoDocumentación electrónica
Padron de Habitantes
ReaderDescargar Acrobat Reader
Necesario para ver os documentos


PDF
Solicitude - Folla de Inscrición - Modificación Xeral (203 KB).

PDF
Solicitude de Certificado de Empadroamento l (81 KB).

[ Estes formularios poden ser cumprimentados directamente en pantalla ]


entrada Padrón de Habitantes



O Padrón Municipal de Habitantes é o rexistro administrativo onde constan os veciños do Concello.
Toda persoa que resida habitualmente en Vilaboar ten a obriga de inscribirse no Padrón.
No caso de que proceda doutro municipio, o solicitante deberá indicar o concello ou país de procedencia.
espacio                     
entrada Que podemos solicitar:

1.- Altas:
- Inmigración: persoas xa empadroadas noutro Municipio ou Consulado de España no   estranxeiro.
- Omisión: persoas non empadroadas anteriormente en ningún Municipio ou Consulado de   España no estranxeiro.
- Altas por nacemento.
- De oficio: mediante notificación do Instituto Nacional de Estatística sempre que algún dos pais   estea empadroado no Municipio.
- A instancia do interesado: o pai ou a nai empadroados no Municipio realizarán a inscrición do   recen nado aportando unha fotocopia da folla do libro de familia onde apareza o/a neno/a e da   folla onde apareza o nome dos pais.

2.- Cambios de Domicilio:
- Todas as persoas que cambien o seu domicilio dentro do Municipio deberán comunicalo ó   Negociado de Estatística do Concello de Vilaboa.

3.- Modificación de Datos:
- Cando na base de datos do Padrón de Habitantes figure un dato incorrecto (nome e apelidos,   data de nacemento, lugar de nacemento, nº documento de identidade, nivel de estudos,   nacionalidade) deberá realizar unha petición de modificación no Negociado  de Estatística do   Concello de Vilaboa.

4.- Baixas Emigración:
CANDO UNHA PERSOA TRASLADA O SEU DOMICILIO A OUTRO MUNICIPIO EN ESPAÑA OU Ó EXTRANXEIRO (REALIZANDO A INSCRICIÓN NO CONSULADO ESPAÑOL QUE LLE CORRESPONDA) NON DEBE SOLICITAR A BAIXA NO SEU CONCELLO DE ORIXE.
O TRÁMITE DAS BAIXAS POR EMIGRACIÓN REALÍZASE ENTRE CONCELLOS OU ENTRE CONCELLOS E O INSTITUTO NACIONAL DE ESTATÍSTICA. SI UNHA PERSOA NON É ESPAÑOLA E TRASLADA A SÚA RESIDENCIA DE FORMA DEFINITIVA A OUTRO PAÍS, ESA PERSOA DEBE FACER UNHA DECLARACIÓN E ENTREGALA NO NEGOCIADO DE ESTATÍSTICA PARA QUE CAUSE BAIXA NO PADRÓN DE HABITANTES.

 

 

[mapa web] [aviso legal]
© 2008 Concello de Vilaboa
Casa do Concello - Toural 1, 36141 - Vilaboa

LYC Servicios Informáticos