Sendeirismo Galego Galego Castellano Castellano  
 
O tempo

Axenda
icoSendeirismo ...en Vilaboa

entrada Ruta da Croa
entrada Ruta dos Muiños de Vilaboa
entrada Ruta da Pedra Miranda

entrada Ruta da Chan do Vilar
entrada Ruta dos muiños de Riomaior

... RUTAS POR VILABOA ...

A implantación de rutas sendeiristas é un xeito marabilloso de que os veciños de Vilaboa disfruten dos tesouros do seu pobo á vez que realizan unha actividade física máis que saudable; pero non só iso, a creación de sendeiros homologados pola federación territorial de montañismo constitúe unha garantía de que estas rutas serán recoñecidas a nivel autonómico e estatal, isto é, unha vía máis para mostrar Vilaboa ó resto do mundo.

 

entradaRuta da Croa

Lonxitude: 8 km
Tempo estimado do percorrido:
2 horas
Dificultade:
medio
salinasA "Ruta da Croa" discorre polas parroquias de Acuña e Larache, comezando o seu trazado nas coñecidas Salinas do Ulló.
Para chegar a este punto, desde Pontevedra collemos a
N-555, dirección a Vigo. Á altura de Vilaboa temos que coller unha carreteira sinalizada á man dereita, que leva ó concello (N-554). Nesta carreteira collemos unha pista asfaltada á man esquerda, que nos conduce as Salinas do Ulló, o inicio do sendeiro
.

O sendeiro proposto comeza cun tranquilo paseo pola bancada das Salinas, adentrándonos na Granxa das mesmas e visitando Acuña e Larache, ofrecendo unha fantástica panorámica das filas Alvedosas, San Simón e da ría de Vigo. Continua facendo un percorrido polo Chan da Croa e regresa de novo as Salinas.

A ruta proposta é un Sendeiro de Pequeno Percorrido (PR-G), o cal transcorre por cada un destes enclaves naturais, comezando na emblemática paisaxe das Salinas do Ulló, acadando un trazado duns 8 Km de lonxitude.

Valores da ruta:
As Salinas do Ulló, a bancada das Salinas, granxa das salinas, peirao de Acuña (onde se atopa a Pedra dos Caralletes), vista das illas Alvedosas, ría de Vigo, granxa de Larache, a Chan da Croa.
Fauna: gran variedade de anátidas, páxaros, ras, garzas reais,...

Descrición do percorrido:
O sendeiro da Ruta da Croa é un sendeíro de pequeno percorrido que forma un tramo circular, comezando nas Salinas do Ulló, pasando polos barrios de Acuña e Larache, subindo ó monte da Croa e voltando de novo ó punto de partida.

O sendeiro comeza nas Salinas do Ulló, percorrendo a zona da bancada, dirección norte-sur. Ó chegar ó final da bancada adéntrase no corazón da Granxa das Salinas. Nese lugar pódense visitar as antigas casas onde se elaboraba o sal. Ó carón das mesmas atopamos a boca dunhas antigas minas.

O camiño segue pola beira do mar ata chegar ó peirao de Acuña, permitindo ó visitante disfrutar dunha magníficas vistas ás lilas Alvedosas, á illa de San Simón, Arcade, o alto da Peneda, Rande e o Monte Cabalo. No peirao podemos atopamos a coñecida Pedra dos Caralletes.

Despois de pasar este tramo o sendeiro adéntrase na Granxa de Larache, onde atopamos unha gran cantidade de árbores autóctonas.

Seguimos o camiño e despois de atravesar un tramo de monte, chegamos ó cruceiro do Bolo do Con, despois de pasar este fermoso cruceiro subimos ata o chan da Croa, lugar onde atopamos un antigo asentamento humano, do que aínda se conservan os restos.

Despois de baixar deste lugar, o sendeiro discorre polo barrio de Acuña, transcorrendo por terreos de labranza e un bosque de ribeira. Segundo se avanza poden verse o cemiterio, a ígrexa románica, o pavillón polideportivo e a casa do concello de Vilaboa. Ó final deste camiño voltamos de novo á paraxe das Salinas.


Cruceiro
entradaCruceiro

Vista
entrada O Cabalo

subir


entradaRuta dos muiños de Vilaboa

Lonxitude: 7 km
Tempo estimado do percorrido:
2-3 horas
Dificultade:
medio

O"Sendeiro dos muiños de Vilaboa" atópase na parroquia de Vilaboa. O sendeiro discorre viaxando río arriba polo Trasmil. O punto de partida son as Salinas do Ulló, e o sendeiro discorre por cada un dos muíños que atopamos nos lugares do Toural, Río, Cimadevila, e arredores de Postemirón e A Graña, rematando na fermosa paraxe da Lagoa de Castiñeiras.

Para chegar o seu inicio seguimos as mesmas indicacions que no caso anterior.

Na marxe do río atópanse esparexidos 15 fermosos muíños, formando un complexo hidráulico de moendas de cereais como avea, centeo ou millo. Trátase de muíños de herdeiros e muíños comunitarios que chegan a ser compartidos por ata quince donos. Os muíños que atopamos ó longo do percorrido, vanse sucedendo de forma continuada e encadeada, exceptuando os dous primeiros que están un tanto afastados dos demais.

O sendeiro proposto é un Sendeiro de Pequeno Percorrido (PR-G), o cal transcorre por cada un destes muíños, comezando nas Salinas do Ulló e rematando na Lagoa de Castiñeiras, permitindo disfrutar dunha paisaxe espectacular.

Valores da ruta:

Un conxunto de quince muíños, dos cales a maior parte conservan os muros de pedra, as rodas, os tremiñados,o rodicio, e os sistemas de captación de auga. - Varias pontes antigas de pedra, que permiten cruzar o río dun extremo a outro. - Centro de Recuperación de Aves (C astiñeiras). - Salinas do Ulló. -Mirador de Cotorredondo, dende onde se aprecian unhas magníficas vistas das Rías Baixas (Vigo, Pontevedra e ata Arousa).
Fauna: anátidas, outros paxaros menores (ferreiriños, paporrubios, merlos, ..), palomas, lagartos, sapo, ratoeiro, pardal, lavandeira, cuco, bubela, ourizo, toupa, musaraña, coello, rato campestre, ardillas,..

Descrición do percorrido:

CastiñeirasO sendeiro comeza nas Salinas do Ulló, onde se conservan varios depósitos ou estanques nos que se realizaba a evaporación da auga mariña para producir o sal. Ó pasar este lugar temos que atravesar a xunqueira, unha fermosa zona de marisma. O roteiro continúa pola marxe do río Trasmil.

Na primeira parte do sendeiro atopamos dous muíños bastante alonxados do resto, coñecidos como Muíño do Grupo Escolar e Muíño das Verdellas. No lugar de Río atopamos un total de oito muíños, que se atopan en bo estado de conservación. Os nomes dos mesmos son Muíño da Tella, Muíño de Maestro, Muíño de Cimadevila, Muíño de Collazo, Muíño das Freixas, Muíño de Zapateiro, Muíño das Pallas e Muíño de Antón. Todos eles agás un, conservan a pedra de moer e moitos teñen o rodicio, construido en ferro. Estes muiños abastécense polo sistema de canle, que vai duns a outro. Ó pasar este grupo de muíños atopamos outro de catro no que atopamos os muíños de Prilleiras, Muíño de Capuriños, Muíño do Cubo Alto e Muíño de Victoria. Todos estes muíños conservan as pezas e os sistemas de canalización de auga polos que se abastecen, que é o de canle agás no muíño de Cubo Alto, que utiliza o de cubo.

En varios puntos do sendeiro, o río forma pequenos saltos de auga en forma de fervenza. No transruso do mesmo podemos ver dúas presas, a través das cales a auga é reconducida por canos para labores de regadío. Seguindo o roteiro atopamos a área recreativa de Castiñeiras, unha fermosa fraga de abidueiras, acibo, chuchamel, etc. Continuando o sendeiro, este enlaza co Roteiro Ecolóxico do Morrazo (GR-59).

Pouco máis arriba chegamos á Lagoa de Castiñeiras, unha fermosa área recreativa donde se poden observar diferentes variedades de árbores. Neste punto están instalados a Aula da Natureza San Xulián, o Centro de Recuperación de Aves e a fermosa lagoa artificial. No punto máis alto deste lugar podemos achegarnos ó mirador de Cotorredondo, onde se poden apreciar unhas excelentes vistas das Rias Baixas (Vigo, Pontevedra e incluso Arousa). O camiño retorna de novo as Salinas do Ulló, descendendo polo mesmo lugar.

subir


entradaRuta da Pedra Miranda

Lonxitude: 8 km
Tempo estimado do percorrido:
2 horas
Dificultade:
medio

Canteira das LapasA "Ruta de Pedra Miranda" discorre por Paredes, parroquia de Vilaboa, comezando o seu trazado nas Salinas do Ulló.
Para chegar o seu inicio seguimos as mesmas indicacions que nos casos anteriores.
A parroquia de Paredes posúe unha excepcional topografía, resgardada polas fermosas Salinas do Ulló na parte sur e Pedra Miranda na parte norte.
Estes dous enclaves fan de Paredes un excepcional lugar para o disfrute da natureza.

O sendeiro proposto comeza cun tranquilo paseo pola ribeira das Salinas, dando a volta a Cerca, ofrecendo unha fantástica panorámica das illlas Alvedosas e da ría de Vigo. Continua pola canteira da Lapa, e va¡ subindo ata Pedra Miranda polo Camiño Portugués, retornando o punto de partida polo Murallón de Paredes. A ruta proposta é un Sendeiro de Pequeno Percorrido (PR-G), o cal transcorre por cada un destes enclaves naturais, comezando na emblemática paísaxe das Salinas do Ulló e voltando a este punto polo Murallón de Paredes, pasando polo río Trasmil, acadando un trazado duns 8 Km de lonxitude.

Valores da ruta:
A Volta á Cerca de Paredes.- Punta do Castelo, un fermoso mirador natural. - Peirao de Paredes, onde se atopa colocada unha columna que delimitaba antigamente as zonas de dominio fluvial e mariño.- Vista de las islas Alvedosas, ría de Vigo . -Praia do Areeiro. -Canteira da Lapa. -Monte da Costa. -Pedra Miranda. -Murallón de Paredes.

Descrición do percorrido:

O sendeiro de Pedra Miranda é un sendeiro de pequeno percorrido, dividido en dous tramos:

1° Dende as Salinas do Ulló ata a praia do Areeiro.
Este primeiro tramo comeza nas Salinas do Ulló. Bordéase o entorno das Salinas pola marxe esquerda, podendo disfrutar dunha fermosa paisaxe. O sendeiro segue ata chegar á Cerca de Paredes. Case no curuto da Cerca atópase a Pedra das Campaíñas. Seguindo pola volta da Cerca chegamos á Punta do Castelo, un punto estratéxico como observatorio das anátidas.
Poucos metros máis adiante atópase o Peirao de Paredes,onde se conserva a columna antiga que delimitaba as zonas de dominio fluvial e mariño. Ó lado do peirao atopamos a praia do Areeiro.

2° Dende A Canteira da Lapa ata As salinas do Ulló:
Para continuar o sendeiro temos que atravesar a estrada xeral. Chegamos á canteira da Lapa. No seu interior ha¡ unha pequena lagoa que en esporádicas ocasións é visitada polas anátidas. Ós pés desta canteira ha¡ un cruceiro de recente construcción. Seguimos subindo pola marxe da canteira e chégase ó límite entre Paredes (Vilaboa) e Cacheiro (Pontevedra) e atópamos outro cruceiro. Continuando vese a Capela de San Amaro. Callemos o camiño Portugués, que arrodea o Monte da Costa e a dereita deste monte está a Pedra Miranda. A última parte discorre baixando dende Pedra Miranda ata as Salinas do Ulló. No transcurso deste percorrido ha¡ que cruzar un dos arcos do murallón. O camiño continúa rodeando o río Trasmil, preto da súa desembocadura, donde podemos ver un antigo lavadoiro sito na ponte. Seguindo o sendeiro chegamos de novo ás Salinas do Ulló.

Vista peirao Paredes
entradaPeirao de Paredes
Areeiro
entradaPraia do Areeiro subir

entradaRuta da Chan do Vilar

Lonxitude: 6,5 km
Tempo estimado do percorrido:
2,5 horas
Dificultade:
medio

Muiños de AntiguedadeO "Sendeiro Chan do Vilar" comeza nos denominados "Muíños da Antigüidade" de Figueírido, e discorre por esta mesma parroquia en sentido ascendente ata chegar ó Lago de Castiñeiras, onde poden visitarse numerosos elementos arqueolóxicos.

Para chegar a este punto, dende Pontevedra collemos a N-555, dirección a Vigo. Á altura de Figueirido, temos que coller unha carreteira sinalizada á man dereita (Castileiras), e achegarnos ata o campo de fútbol desta mesma parroquia, onde se sitúa a zona de aparcamento, e polo tanto o inicio do sendeiro.

Con este sendeiro pretendese crear unha ruta que sirva como punto de unión con outro dos sendeiros que existen dentro da comarca, que é a Ruta Vaipolorío, que une Figueirido con Pontevedra e co Roteiro do Morrazo. O sendeiro proposto é un Sendeiro de Pequeno Percorrido (PR-G), o cal comeza nos muíños de Figueirido, visitando tanto elementos etnográficos como culturais que se atopan nun fermoso entorno natural, e rematando na Lagoa de Castiñeiras

Valores da ruta:
Este sendeiro ten un gran interés natural, etnográfico e arqueolóxico, onde o visitante pode disfrutar de paraxes naturais, (Lagoa de Castiñeiras, unha fermosa lagoa artificial. - mirador do Monte Pelado ou Chan da Cruz. - sobreiral. ), visitar dous muíños e coñecer varios elementos arqueolóxicos como a Mámoa do Rey, un conxunto de varias mámoas no lugar de Chan da Cruz, un dolmen situado no entorno da Lagoa de Castiñeiras.


Descrición do percorrido:

Este sendeiro forma unha ruta lineal, comezando nos muíños de Figueirido e rematando nunha mámoa restaurada situada no entorno do Lago Castiñeiras, acadando uns 6 kilómetros e trescentos vintecinco metros de lonxitude ( só ida).
( O desnivel que soporta este sendeiro son 430 metros).

Continuamos por un camiño de terra que leva ata a zona da ponte militar. Ó pasar esta ponte seguimos o camiño e atopamos un lavadoiro que aínda se atopa en uso e o seu carón unha fermosa fonte de pedra.


Seguindo o sendeiro en sentido ascendente chegamos ata unha antiga Mina de Auga. Ós poucos metros atópase a Pedra de Reparto, na zona cercana ó Viveiro Forestal. Continuando a ruta ascendemos por un tramo de gran valor paisaxístico que sobe ata a Chan da Cruz ou Monte Pelado, dende onde se poden divisar fermosas vistas. O sendeiro continúa ata un lugar coñecido como a Rega, onde se aprecia un agradable entorno natural. Crúzase o pobo e comeza unha subida que nos leva ata o Sobreiral, unha fermosa paraxe baixo a sombra destas fermosas árbores. Metros máis adiante chegamos ó pobo de A Graña, onde pode visitarse un antiga fonte ubicada na salda do pobo. Ó pasala Graña, subindo cara Cotorredondo, pasamos por unha zona de gran interés arqueolóxico, onde se atopan enterramentos tumulares e mámoas, situados no entorno da Lagoa de Castiñeiras. Poden visitarse a Mámoa do Re¡, un conxunto doutras pequenas mámoas.O sendeiro pon o seu fin no Lago Castiñeiras, unha fermosa área de descanso o recreo.

Ría de Vigo dende Cotorredondo
(Vista da Ría de Vigo dende un mirador da Chan da Cruz)

Para acadar esta vista, temos que seguir un pouso máis, dirección ó mirador de Cotorredondo.

subir

entradaRuta dos muiños de Riomaior

Lonxitude: 2,5 km
Tempo estimado do percorrido:
1, 15 horas
Dificultade:
baixo

Muiño 14O"Sendeiro dos muíños de Riomaior" atópase no límite entre as parroquias de Santa Cristina e San Adrián de Cobres.
Para chegar a este punto, dende Pontevedra collemos a N-555, dirección a Vigo. Á altura de Vilaboa temos que coller a N-554. Ó chegar á altura de Riomaior, collemos unha pista asfaltada de novo á man dereita que nos leva á casa da cultura deste lugar, o inicio do sendeiro.


O lugar onde se atopan os muíños posúe unha excepcional topografía, pola que discorre o Río Maior, que deixa nas súas marxes unha gran cantidade de muíños que antigamente servían como sistema de moenda de cereais como avea, centeo e sobre todo millo.

No transcurso do río, este forma unha fermosa fervenza, coñecida como Fervenza de Tras do Río, e outras máis pequenas con gran encanto natural.

Ó longo de sendeiro visítase un conxunto de 35 muíños, que se sitúan esparcidos por amba-las beiras do río. Estes muíños abastécense polo sistema de canle, que aínda se conserva hoxe en día. Algúns deles son privados, ós que non se permite o acceso, e outros son muíños de herdeiros.

O sendeiro proposto é un Sendeíro de Pequeno Percorrido (PR-G), o cal transcorre por cada un destes muíños, comezando na casa da cultura de Río Maior, onde se atopa o primeiro muíño e remata no lugar de Bartáns, no muíño de Miguel Lois.

Valores da ruta:
Un conxunto de trinta e cinco muíños, os cales conservan os muros de pedra, as rodas, os tremiñados e os sistemas de captación de auga (neste conxunto de muíños existen dous tipos: o tradicional sistema de canle e o de cubo, aínda que a maior parte deles ten o sistema de canle).
Río Maior, que no seu transcurso forma unha fermosa fervenza- zoas de recreo (ó inicio e o final do percorrido)



Descrición do percorrido:

Vista dun Paso polo regatoO sendeiro comeza no entorno da Casa da Cultura de Riomaior, lugar que se plantexa como zona de aparcadoiro. Ó lado da casa da cultura atopamos o primeiro dos muíños. Vamos remontando o río en sentido ascendente e nas súas marxes atopamos unha serie de muíños, que se atopa a ambas marxes
do río.

Na primeira parte do sendeiro os muíños están case todos en bo estado de conservación. Na parte máis alta do río, no tramo que leva dende Cernadas ata o último muíño, poden verse unha gran cantidade de muíños dos que só se conservan as paredes na maioría dos casos.

O trazado deste último tramo discorre por unhas fermosas paraxes, pola marxe do río. Proponse un trazado alternativo, que forma un roteiro circular que comeza igualmente no primeiro muíño, no entorno da Casa da Cultura.

Este discorre polos 16 muíños que atopamos ata Cernadas e logo volta de novo cara a Casa da Cultura, por pistas asfaltadas, podendo visitar un peto de ánimas.

Ampliar Información.

subir

 
[mapa web] [aviso legal]
© 2008 Concello de Vilaboa
Casa do Concello - Toural 1, 36141 - Vilaboa

LYC Servicios Informáticos