As Salinas do Ulló Galego Galego Castellano Castellano  
 
O tempo

Axenda
icoAs salinas do Ulló...en Vilaboa Voltar Atrásvoltar a paxina principal

 

Visitas guiadas ás Salinas

 

entradaOs restos das antigas salinas existentes en Vilaboa do Morrazo están situadas no barrio de Paredes.
Enlace con Google Maps.

Mapa As SalinasPara achegarnos, basta con coller un ramal que une Paredes con O Toural, (pasando literalmente por enrriba das salinas) .

Ditas salinas están encravadas nun baixo val chamado do Ullóo ou Ulló, denominación que actualmente circunscríbese a esta zoa de Paredes, pero que dende antes do ano 1600 deuse a denominación de Ulló a todo o val próximo e paralelo a costa do municipio que se estende dende o extremo desta, en Paredes, ata a pequena praia de Larache en Sta. Cristina de Cobres.

Componse de partes de horta, bosques de pinos, carballos, salgueiros, abeneiros, prados e pastos de xuncos.

Os antecedentes das Salinas de Ulló remóntanse ao reinado de Felipe IV no século XVII cara o ano 1637.

Estas salinas comezaron a ser explotadas polo Colexio dos Xesuítas de Pontevedra en 1694 e acadaron grande importancia nos seguintes anos. A finais do século XIX, neste mesmo lugar, construíuse un dos poucos muíños de mareas existentes en Galiza, cun funcionamento que se baseaba no aproveitamento do movemento das correntes do fondo da ría para xerar forza hidráulica.

Hoxe só queda deste muíño unha pequena mostra que sinala a súa situación e os restos das antigas casas que pertencían ás persoas que levaban a cabo esta labor.

Cara o sur e nun chan tremendamente descoidado, existe unha casa de pedra de dos corpos, separada cara o este da anterior, que foi vivenda dos caseiros ou criados. Entre ambos edificios existen vestixios o que foi xardín e horta principal.

 

subir

salinas
aumentar
salinas
aumentar
salinas
aumentar

As Salinas
do Ulló ou Ulloa,
no barrio de Paredes

salinas
aumentar
salinas
aumentar

aumentar
salinas
aumentar

  salinas
aumentar
PDFLicitación das obras de recuperación ambiental do entorno das Salinas de Vilaboa
subir

 

[mapa web] [aviso legal]
© 2008 Concello de Vilaboa
Casa do Concello - Toural 1, 36141 - Vilaboa

LYC Servicios Informáticos